![]() |
![]() |
TELÉFONOS 988 42 20 14 - 629 75 60 08
![]() CEIP O Castiñeiro. "O Cole de Laza"Ensino público e do rural, ensino de calidade. |
|
ProgramaciónsCatálogo materialO Tempo |
Información básica sobre a protección de datosCARTELERÍA
PÍLULA DE SEGURIDADE - DOCUMENTOS
PROTECCIÓN DE DATOSFormación didáctica
PFPP - Proxecto de formación permanente do profesorado CEIP O CASTIÑEIRO 2023 -2024
Protección de Datos Nos Centros Educativos by CEIP O CASTIÑEIRO LAZA on Scribd
SESIÓN FORMATIVA SOBRE SEGURIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS CURSO 2023 - 2024
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal
AVISO NO CENTRO PROTECCIÓN DATOS
DECÁLOGO DE PROTECCIÓN DE DATOS
Protección de Datos de Carácter Persoal CEIP O Castiñeiro 2022- 2023 PFPP by ceipcastinheiro on Scribd
https://www.slideshare.net/CEIPOCASTIEIROLAZA/proteccin-de-datos-de-carcter-persoal-ceip-o-castieiro-2022-2023-pfpppptxResponsables do tratamento de datos:
Finalidade:
Tipo de datos:
Como se obteñen os datos:Os datos anteriores serán recollidos nos períodos de matrícula, nas diversas reunións tanto individuais coma colectivas que se realicen, durante a escolaridade dos nenos e nenas. Datos de saúdeNo relacionado cos datos de saúde sempre e cando se produza algunha alteración ou novidade no estado de saúde sería recomendable coñecer eses cambios e a evolución dos mesmos. No caso de considerar que son datos pertinentes ou que deben formar parte do expediente individual do neno ou nena formarán parte do arquivo e xestionaranse coma o resto dos datos. De darse o caso de nenos ou nenas inscritos no programa de alerta escolar ou nunha situación delicada, seguirase o protocolo preciso para dar a información necesaria ás persoas implicadas para saber as pautas de actuación. Favorecerase neste caso a difusión da situación concreta co fin de posibilitar evitar problemas ou situacións de risco. Datos e resultados da escolarización e orientación educativa.Os resultados acadados ao longo da escolarización do neno ou nena serán tratados de forma confidencial, tendo as familias acceso a estes datos a través de diferentes medios:
Imaxes e reportaxes audiovisuais.O CEIP O Castiñeiro poderá realizar gravación de imaxes (vídeo e fotografía) con fins educativos nos diferentes traballos escolares e avaliacións. Os servizos asociados a estas ferramentas son:
As imaxes, vídeos e material audiovisual pertencen ás contornas educativas do centro e non está "permitido" difundilas a outros medios abertos da rede. Poderán gardalas para uso propio pero será responsable da difusión incorrecta a persoa que as divulgue, non o centro. Non estarán autorizadas a realizar gravacións de imaxes dos nenos e nenas nin das actividades do centro as familias e aquelas persoas que non estean autorizadas a tal fin. O emprego destas imaxes e o seu uso é responsabilidade das propias persoas que ou ben fixeron esas gravación ou empregaron esas imaxes. Destinatarios:Os datos serán empregados polo centro educativo cando sexan precisos para o desenvolvemento da función docente e orientadora. Estes datos estarán á disposición do centro e da administración educativa (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional). Dereitos sobre estes datos:As familias e persoas que teñan a tutela dos nenos e nenas poderán acceder, modificar e rectificar os datos, de tal forma que faciliten o acceso ás familias, o seu contacto ou o coñecemento da súa realidade sociocultural co fin de axudar e mellorar no posible o desenvolvemento do neno ou nena durante a súa etapa de escolarización no centro educativo. Uso dos datos:Como xa se especificou en apartados anteriores os datos recollidos e os documentos e datos xerados no centro serán de carácter confidencial na súa maioría.
Protocolo_proteccion_datos_v1.0.pdf
|
Calendario
|