FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

 

fondolibros (xunta.gal)

 

No DOG DO 18 de maio de 2022, saiu publicada a Orde do 29 de abril de 2022 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

 

NORMAS XERAIS

 

O Prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.

So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023. As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

- Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.

 

 

 

Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

 

 

 

- Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace:

 

 

Identifíquese (xunta.gal)

 

 

  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

-Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)

 

-Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.:

 

               + Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.

 

           + En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

 

               + Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

 

 

PRAZOS 

 

 

-21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2021/2022.

-22 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2022/2023.

-27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.

-28 e 29 de xuño: Período de reclamación á adxudiación provisional. 30 de xullo: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.

-Do 4 ao 8 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.

-Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.

 

CÁLCULO RENDA 

 

 

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.

*Información para o cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

 

AXUDA 

 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO I.pdf2.23 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB
FONDO LIBROS AXUDA.pdf239.43 KB