PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

INSTRUCIÓNS

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 21 de marzo de 2021, ambos incluídos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude segundo o Anexo II.

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do dni do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)

Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).

Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- No propio centro educativo

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

 -  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

 - Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

 - Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado.

Anexo
AdxuntoTamaño
solicitude admision 22_23(2).pdf1.33 MB