CEIP O Castiñeiro 2º Premio 4º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”

http://pontenasondas.org/que-e-ponte-nas-ondas/?lang=es

 

Fallo do xurado

As gañadoras

Concurso de Recolha 2021 – v2

 

O alumno de 6º de E. Primaria Elián G. M. acada o 2º premio  IV Certame  de  fotografía  “Imaxes  do  patrimonio”  convocado  pola  Asociación  Cultural  e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! co que se pretende, como obxectivo preferente, descubrir ás novas xeracións  a  existencia  dun  rico  e  variado  Patrimonio  Cultural,  para  o  que  se propuxo que  á iniciativa dos centros escolares os alumnos e alumnas buscaran,  na compaña dos seus  familiares, aquelas  fotos  que  conteñan  elementos  dese  patrimonio  que  queremos  dar  a  coñecer.  Nas  bases  e como  complemento  desta  busca  solicitabase que  se  completara  a  participación  no  certame  coa inclusión dun texto explicativo da imaxe. 

6º de E. Primaria Elián G. M., 2º premio

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastinheiro/?q=system/files/u2/eli.jpg

 

O Xurado valorou a gran calidade da  maioría dos traballos presentados a concurso e o esforzo  mostrado  na  elaboración  do  texto  que  acompaña  a  cada  unha  das  fotografías  polo  que  propón  á  entidade  que  convoca  o  certame    que  xestione  o  deseño  de  actividades  que  permitan mostrar e difundir  as fotografías presentadas,  dada a súa calidade e interese, para a súa divulgación e para que sirvan como estímulo e exemplo para outros proxectos educativos similares. 

 

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastinheiro/?q=system/files/512610453-As-Imaxes-Do-Patrimonio-CEIP-O-Castineiro-Xuno-2021.pdf

 

4º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

No concurso participaron os amlunos/as de 4º, 5º, 6º EP baixo a supervisión do seu titor e coa axuda das familias. Ademais os alumnos de 1º, 2º, 3º participaron na recollida de imaxes que trouxeron ao centro.

 

Noraboa a todos polo esforzo e noraboa a Elián polo premio.

 

 

 

AdxuntoTamaño
eli.jpg535.44 KB
512610453-As-Imaxes-Do-Patrimonio-CEIP-O-Castineiro-Xuno-2021.pdf1.49 MB
Fallo do Xurado (1).pdf264.46 KB