TELÉFONOS 988 42 20 14 - 629 75 60 08
AVISO SOBRE O ANO ACADÉMICO EN CURSO EN ABALAR
Cómpre saber que ABALAR traballa sobre o ano académico fixado en XADE e que de momento está establecido no curso 20/21. Ata o 9 de setembro ese valor non será avanzado ao novo curso escolar (21/22). Iso quere dicir que as mensaxes, os avisos, as incidencias na aula, etc. publicados ata esa data estarán referidos a grupos e alumnos do curso que está rematando e non chegarán a grupos/alumnos con matrículas no novo ano académico. Este cambio de ano académico afecta tanto ao alumnado de infantil e primaria, como ao de secundaria aínda que o comezo de curso sexa distinto para estes ensinos.
espazoAbalar : abalarMóbil (xunta.gal)