Participamos no 4º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués Ponte nas ondas que promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. Para esta actividade foi imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos.
Estamos a espera da resolución do concurso.