AVISO SOBRE O ANO ACADÉMICO EN CURSO EN ABALAR

 

 

 

Cómpre saber que ABALAR traballa sobre o ano académico fixado en XADE e que de momento está establecido no curso 20/21. Ata o 9 de setembro ese valor non será avanzado ao novo curso escolar (21/22). Iso quere dicir que as mensaxes, os avisos, as incidencias na aula, etc. publicados ata esa data estarán referidos a grupos e alumnos do curso que está rematando e non chegarán a grupos/alumnos con matrículas no novo ano académico.  Este cambio de ano académico afecta tanto ao alumnado de infantil e primaria, como ao de secundaria aínda que o comezo de curso sexa distinto para estes ensinos.

 

espazoAbalar : abalarMóbil (xunta.gal)

  

 

 

REUNIÓNS DE TITORÍA DE COMEZO DE CURSO 2021 - 2022

4º, 5º, 6º EDUCACIÓN INFANTIL: LUNS 06-09-2021 9:30

  • Titora: Carolina P.  carolinapalomanes@edu.xunta.gal

 

1º, 2º, 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 07-09-2021 9:30

  • Titor: Julián M.       julianmendez@edu.xunta.gal

 

4º, 5º, 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: MÉRCORES 08-09-2021 9:30

  • Titor: Ana B.           anaboo@edu.xunta.gal

 

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022

 

 

Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 aprobado no Comité Clínico do 06 de xullo de 2021 para dar resposta ás medidas e particularidades establecidas na Orde Comunicada da ministra de sanidade, de 4 de xuño de 2021, mediante a que se aproba, en coordinación coa conferencia sectorial de educación, a declaración de actuacións coordinadas en saúde Pública fronte á Covid-19 para centros educativos durante o curso 2021-2022 que entrarán en vigor unha vez remate o curso escolar 2020-2021.

LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021 - 2022

 

Listaxe definitiva de libros do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2021 - 2022 no CEIP O Castiñeiro de Laza que lle corresponden ao alumno/a.

Por mor da privacidade de datos as listas definitivas de todo o alumnado do centro deben quedar expostas no interior do centro educativo.

Foille enviada de forma individual a listaxe de libros de texto que debe recibir o alumno/a ao correo electrónico que figura na solicitude.

Para porse en comunicación co centro para  calquera información chamar ao teléfono do  988422014 ou por correo electrónico ceip.castinheiro@edu.xunta.gal

Todas as novas que se vaian producindo durante o verán e relacionadas co vindeiro curso escolar irán sendo expostas na páxina web do centro 

 

COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2021/2022

   As familias solicitantes de comedor escolar para o curso 2021-2022 deben presentar o ANEXO II (un impreso por cada alumno-a matriculado no centro) na Secretaría do centro, debidamente cuberto e asinado, a comezo de curso. Poden recollelo na Secretaría do centro ou descargalo no arquivo adxunto.

 

 

  ANEXO INSTRUCIÓNS

 

     De non presentar este documento, os-as usuarios-as de comedor estarán obrigados a abonar 4,50 euros por día de asistencia.

     As listaxes de usuarios de comedor e transporte publicaranse a comezo de curso.

     As familias que non se atopen ao corrente de pago, quedarán excluídas do servizo de comedor para o curso 2021/2022. Deben entregar os recibos pendentes de pago correspondentes ao mes de xullo na secretaría do colexio e entregar o xustificante de pago a comezo de curso.

 Formas de pagamento:

 

1-  Nunha entidade bancaria autorizada (presentando os impresos que se entregan no colexio).

 

2-  A través do Espazo Abalar.

 

3-  A través da Oficina Virtual Tributaria (Pago de taxas e prezos (atriga.gal) e presentando no centro educativo os xustificantes de pago nos 20 primeiros días de cada mes.

Poden descargar as INSTRUCIÓNS e o ANEXO II nos arquivos adxuntos.

GRADUACIÓN INFANTIL 2021 E VÍDEOS DE AGRADECEMENTO

Rematou este curso académico tan especial para todos e todas. Para celebralo, realizamos varias actividades das que poderedes gozar facendo click sobre os enlaces para así visualizar os vídeos.

 

VÍDEO-AGRADECEMENTOS:

· Thank you, Lali!

· Baile para Cristina

· Acutación para Lali e Julián

· Grazas por todo, Carmen

 

GRADUACIÓN INFANTIL 2021:

· Vídeo-Fotos Graduación Infantil 2021

· Graduación Infantil 2021 - Canción Queen

· Acto de Graduación Infantil 2021

 

GRADUACIÓN 6º EP

Vídeo  - Promoción 2012 - 2021

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2021-2022

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde ( Orde 6 de maio de 2021), onde se regula a participación no fondo solidaro de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria, E. Secundaria obrigatoria e E. Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021-2022.

O prazo de presentación é dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño.

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Aberto o prazo para a admisión de novo alumnado para o curso 2021/2022.

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 22 de marzo.

Distribuir contido