![]() |
![]() |
TELÉFONOS 988 42 20 14 - 629 75 60 08
![]() CEIP O Castiñeiro. "O Cole de Laza"Ensino público e do rural, ensino de calidade. |
|
ProgramaciónsCatálogo materialO Tempo |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023
No DOG DO 18 de maio de 2022, saiu publicada a Orde do 29 de abril de 2022 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.
NORMAS XERAIS
O Prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño. So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023. As solicitudes pódense presentar das seguintes formas: - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.
Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
- Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace:
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR -Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
-Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.:
+ Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
+ En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
+ Certificado acreditativo do grao de discapacidade.
PRAZOS
-21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2021/2022. -22 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2022/2023. -27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro. -28 e 29 de xuño: Período de reclamación á adxudiación provisional. 30 de xullo: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro. -Do 4 ao 8 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito. -Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.
CÁLCULO RENDA
Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE. *Información para o cálculo da renda per cápita da unidade familiar.
AXUDA
» MARTES 3 DE MAIO, FESTA LOCAL CONCELLO DE LAZA.
Lembrade que o martes 3 de maio de 2022 é festivo local no Concello de Laza polo que non haberá clase. Non hai ponte. Deste xeito o luns 2 de maio si é lectivo.
Resolución do DOG nº 224 do 2021/11/22 - Xunta de Galicia
RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. » MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULARNo ficheiro adxunto as familias poden consultar os criterios que se van ter en conta á hora de decidir a promoción de curso do alumnado en Primaria. Ademáis poden consultar os criterios para conceder a mención honorífica no alumnado de 6º de Primaria. MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR
PROGRAMACIÓNS 2021- 2022
![]() » Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia
Resumo uso da máscara OBRIGATORIO
RECOMENDADO
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso. INSTRUCIÓNS PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 21 de marzo de 2021, ambos incluídos. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do dni do alumno/a ou fotocopia do libro de familia) Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria). Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso. LUGAR DE PRESENTACIÓN: 1.- A través da aplicación admisionalumnado 2.- No propio centro educativo A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero. DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN - Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL - Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación. - Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO - Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado.
»
![]() |
Calendario
|