AVISO – A PARTIR DESTE LUNS 23-10-23

Recuperamos a posibilidade de lavarse os dientes despois do xantar. Para iso terán que llevar un estoxo - neceser, a poder ser amplo, co seu nome, onde leven o cepillo de dentes, a pasta e o vaso que quedarán no centro ata finais de maio.

 

Pago de taxas de comedor de xeito telemático

 A continuación poñemos un videotitorial que explica como realizar o pago de taxas de comedor de xeito telemático para cando se reinicie a actividade lectiva presencial.

Lembren que é moi útil ter activado e empregar tanto o DNIe (que permite realizar trámites con calquera entidade) como a Chave365 (que permite realizar trámites coa Xunta de Galicia)

 

 

FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO E XUSTIFICACIÓN

 

O absentismo escolar é un problema ao que os centros educativos teñen que facer fronte dun xeito directo e permanente, e é motivo de preocupación, tanto para a comunidade educativa como para a sociedade en xeral, por incidir directamente no exercicio do dereito fundamental á educación.

O dereito e a obrigación de cursar a educación básica -educación primaria e educación secundaria obrigatoria- significa que, cando menos, todo o alumnado entre 6 e 16 anos debe estar escolarizado e, igualmente, asistir regularmente a clase.

O control da asistencia a clase é unha función do profesorado, e cada centro educativo debe articular a forma de promover a asistencia a clase e o procedemento para controlar esa asistencia.

O absentismo -definido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación- limita un dereito fundamental e hai que abordalo desde as súas orixes, tanto con medidas preventivas como con actuacións específicas.

Coa finalidade de establecer unhas pautas comúns de actuación elaborouse o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, que ten un carácter básico e de referencia, de xeito que cada centro educativo, dentro da súa competencia e autonomía, pode adaptalo á súa realidade.

En consecuencia con todo o anterior, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

INFORMACIÓN XUSTIFICACIÓN

 

 

 

 

 

FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO E XUSTIFICACIÓN

TITORÍAS COMEZO CURSO 2023 - 2024

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) : MÉRCORES 20-09-2021 15:00

  • Titora: Vieito Plaza, Olga  olgavieito@edu.xunta.gal

5º, 6º EDUCACIÓN INFANTIL (4,5 ANOS) : MÉRCORES 20-09-2021 15:30

  • Titora: Vieito Plaza, Olga  olgavieito@edu.xunta.gal

 

1º, 2º, 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: XOVES  21-09-2023 15:00

  • Titor: Sixto Valcárcel, Jose Esmelin       jsvalcarcel@edu.xunta.gal

 

4º, 5º, 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19-09-2023 15:00

  • Titor: Feijoo Míguez, Lucía           luca@edu.xunta.gal

Distribuir contido