BENVIDO/A AO CEIP O CASTIÑEIRO!

 

ENDEREZO
Rúa Castiñeiro Nº 1, Laza - 32620 - Ourense
TELÉFONO
988 42 20 14
CORREO ELECTRÓNICO
ceip.castinheiro@edu.xunta.gal

CALENDARIO ESCOLAR 2024 - 2025 CEIP O CASTIÑEIRO

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

  ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para ocurso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

 

INSTRUCIÓNS PARA O CURSO 2024-2025

 RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación eInnovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvementodas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundariaobrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25.

 

 

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTIVIDADES LECTIVAS

Do día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES

– Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos. (Nadal)

– Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025. (Entroido)

– Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos. (Semana Santa)

DÍAS NON LECTIVOS

As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos. 

O Día do Ensino celebrarase o 31 de outubro de 2024

Días non lectivos solicitados polo centro:  

  • 28  de febreiro de 2025 (Venres de Entroido)

Festivo local Concello de Laza:  

  • 2 de maio de 2025

NAVEGANDO XUNTOS - CDR PORTAS ABERTAS

Dende o CDR Portas Abertas envíannos información dunhas xornadas, para familias, nenos/as e adolescentes nas que se tratarán temas de interese para navegar de xeito seguro por internet, os riscos que tamén se poden atopar na rede, conceptos actuais que atañen a perigos que se poden atopar, ferramentas aplicables para conseguir benestar dixital...

Terán lugar durante o mes de Novembro. Se estás interesado/a en participar inscríbete a través do código QR ou chamando as nosas oficinas, no 988417232 ou 988989508.

www.cdrportasabertas.org

www.facebook.com/portasabertas

 

 

 

AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024 - 2025

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

 

fondolibros (xunta.gal)

 

No DOG DO 20 de maio de 2024, saiu publicada a Orde do 07 de maio de 2024 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

 

NORMAS XERAIS

 

O Prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño.

Só se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025. As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

- Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.

 

 

 

- Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace:

 

 

Identifíquese (xunta.gal)

 

 

  

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

-Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)

 

-Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.:

 

               + Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.

 

           + En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

 

               + Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

 

 AXUDA 

 

 

Distribuir contido