Se doe non é amor!
Para esta conmemoración contamos o conto Artur e Clementina. É a historia de dúas tartarugas que comparten moitos soños como viaxar polo mundo e facer novos amigos. Porén, algo cambiou e Artur so quería pasar o tempo pescando sen Clementina e por riba nunca quería facer os plans que propoñía ela respondendo de malas maneiras.
O respecto e a empatía son esenciais nas nosas relacións. Coa lectura deste conto parámonos a pensar o dano que facemos cando dicimos “palabras feas” aos nosos amigos e amigas, e o felices que se poñen con palabras bonitas e pasando tempo con eles/as.
Por iso fixemos un frasco de palabras doces!