Matemáticas
MARTES 8 DE FEBREIRO
Martes de Mates! Hoxe no cole tiramos de caderno. Para entrenar propoño a seguinte actividade de exemplo:
Poñemos 4 comiditas e o número 5 ao lado, se só pode haber 4 no prato, cantas quitamos?
Esta actividade manipulativa podemos repetila con varias cantidades e variando os xoguetes.
A continuación faremos a páxina 23 do caderno.
1.Na lagoa so hai espazo para 3 patos, cantos teñen que marchar?
2.No aparcadoiro hai sitio para 4 coches, cantos teñen que buscar outro sitio?
3.Na barca poden ir 5 persoas, cantas se teñen que cambiar para outra barca?
Xogo online de cantidades:
Anexo | Tamaño |
---|---|
pax 23.pdf | 544.17 KB |