Camiño de Santiago
MÉRCORES 2 DE FEBREIRO
Continuamos co Camiño de Santiago. Na nosa contorna atopamos un montón de sinais, e o camiño tamén ten os seus sinais para garantir que todos os peregrinos e peregrinas chegan ao seu destino.
Coñecedes os que aparecen aí? Onde os vistes?
No seguinte traballo imos recortar algúns sinais que podemos atopar ao longo das etapas. Invítovos a que se atopades algunhas, saquedes fotos cos peques e así ampliar a información que temos deste proxecto.
Anexo | Tamaño |
---|---|
SINAIS.pdf | 3.12 MB |
SINAIS DO CAMIÑO.pdf | 588.25 KB |