Traballamos un pouquiño
MARTES 1 DE FEBREIRO
Ola familias! Xa que toca pasar uns días na casa, a través desta canle ireivos contando o que imos facendo na aula. Desta maneira @s peques poderán manter certa rutina.
Os martes toca facer páxina do noso caderno de matemáticas. Para comezar invítovos facer un xogo manipulativo coas cousas que teñades pola casa: xoguetes, cubertos, roupa…Con estes obxectos cotiás traballaremos a suma e a resta.
Exemplo: Temos 4 coches no aparcadoiro, se chegan 2 coches máis (que os vexan, que os poidan mover), cantos coches hai agora? Nun folio podemos ter escrita a recta numérica ata o 10 e que nos indique o resultado.
Este xogo sinxelo servirá para preparar a nosa mente para o traballo do caderno.
Caderno de mates
Nunha das mesas do comedor hai 4 alumnos. Se entran 2 e se sentan, cantos hai agora? Colorea o número correcto.
Noutra mesa están comendo 5 alumnos. Se chega 1 e se senta, cantos hai agora na mesa? Colorea o número correcto.
Preme na imaxe para acceder ao traballo.
Canción:
https://www.youtube.com/watch?v=NGrFgQ4trxU
Xogo:
Anexo | Tamaño |
---|---|
pax 15.pdf | 265.36 KB |