O vindeiro mércores 11 de setembro comezarán as actividades lectivas que se desenvolverán no horario habitual do centro, que é de 09:00 a 14:00 horas para todo o alumnado, agás para o de 4º de Educación Infantil (3 anos), que ten un horario específico de adaptación escolar.
Tamén haberá os servizos de transporte e comedor escolar.
As entradas no centro realizaranse da seguinte maneira:
As cancelas abriranse ás 08:50 horas só para persoas autorizadas e/o alumnado do centro, que accederán ao mesmo polas entradas que a continuación especificamos:
Oalumnado transportado e o alumnado de 4º de Educación Infantil entrará polo portalón grande situado ao lado do estacionamento dos autobuses (Rúa Pascual Veiga).
O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil non transportado entrará pola cancela que dá acceso directo ao patio cuberto de infantil (Rúa Pascual Veiga).
O alumnado non transportado de Primaria entrará, indistintamente, polo portalón grande da Rúa Pascual Veiga (zona de autobuses) ou pola cancela pequena da Rúa Nicolás del Río (zona do antigo Bar de Susa).
Ás 09:00 horas pecharanse as distintas cancelas do centro. Aquel alumnado que chegue despois desa hora debe entrar acompañado ata conserxería.
As saídas seguiranse realizando de forma graduada. Cada curso ten unha hora e unha zona asignada:
Os/as alumnos/as que non quedan ao comedor serán acompañados polo/a mestre/a que tivese clase con eles/as a última hora ata o portal polo que lles corresponde saír e que se especifica a continuación:
Os/as alumnos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos) sairán ás 13:50 horas pola cancela do patio de infantil (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 5º de Educación Infantil (4 anos) sairán ás 13:55 horas pola cancela do patio de infantil (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 6º de Educación Infantil (5 anos) sairán ás 14:00 horas pola cancela do patio de infantil (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 1º de Educación Primaria sairán ás 13:55 horas polo portalón dos autobuses (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 2º de Educación Primaria sairán ás 14:00 horaspolo portalón dos autobuses (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 3º de Educación Primaria sairán ás 13:55 horas polo portalón dos autobuses (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 4º de Educación Primaria sairán ás 14:00 horas polo portalón dos autobuses (Rúa Pascual Veiga).
Os/as alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria sairán ás 14:00 horas pola cancela da Rúa Nicolás del Río.
O alumnado de 5º e 6º con 10 anos cumpridos que teña autorización para abandonar so o centro poderá saír por unha cancela distinta da que lle corresponde, si ten irmá ou irmán que saia por dita cancela.
Se algún alumno/a ten que abandonar o centro con algunha persoa que non é o seu pai/nai/titor/a legal, debe ter a correspondente autorización asinada.
Non esquezan comunicar ao centro, se é oportuno e relevante para o desenvolvemento da vida escolar, todos os cambios que se producirán dende o curso pasado en cuestión de intolerancias, alerxias, custodias, cambios de domicilio, de número de contacto,…
Para calquera dúbida poden chamar á secretaría do centro 881 880 881.
Grazas pola súa colaboración.
O Equipo Directivo.