Skip to Content

Información de interese

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

restablecemento dos prazos

11 de maio a 18 de maio

2ª AVALIACIÓN

                                                                      A Sionlla, 3 de abril de 2020

Estimadas familias: 

Comunicámos que dende hoxe, 3 de abril de 2020, terán vostedes acceso ás cualificacións correspondentes  á 2ª avaliación dos seus fill@os a través da aplicación abalarMobil . Con respecto a isto mencionar que aquelas familias que non lograron descargar ou ben acceder a dita aplicación, deberán tentar facelo novamente dende outro móbil, xa que podería acontecer que non sexa ese o número de teléfono que esté asociado á consulta telemática.

Unha vez feita a comprobación dende os distintos móbiles dos proxenitores ou titores legais do alumn@, se o problema persiste, prégase poñerse en contacto co centro durante os días lectivos en horario de 11:30 h. a 13:30 h.

Un saúdo.

O equipo directivo.

NOVO AVISO IMPORTANTE

Atletismo Franciscanos Lugo: AVISO IMPORTANTE

                                                                         A Sionlla, 2 de abril de 2020

Estimadas familias: 

Informamos que a partir de agora, unha vez feitas as xestións pertinentes, e seguindo as pautas da Consellería de Educación, será posible que poidan instalar nos seus teléfonos abalarMobil, aplicación que permite ás familias acceder á información dos seus fill@s a través do móbil (cualificacións, faltas de asistencia, etc...).

Terán que instalar a aplicación no teléfono (descargándoa de App Store ou Google Play Store) de calquera dos proxenitores (pai, nai ou titor legal), dependendo do número ou números que figuren asociados á consulta telemática. 

 

Un saúdo.

                                                                                  O equipo directivo.

PROPOSTA DE XORNADA MIXTA. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

Xúntase documentos enviados ás familias en relación á proposta dunha xornada lectiva mixta.

Distribuir contido


by Dr. Radut