Skip to Content

Calendario escolar para o curso 2023-2024

Este é o calendario escolar para o vindeiro curso 2023-2024 :

Podedes atopar a Orde de calendario para este curso, xunto cunha información máis detallada, se premedes no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-080523-0002_gl.pdf

O día escollido como non lectivo será:

  • 10 de maio - Festa da Ascensión  (festivo local 9 de maio).

Menú Xaneiro 2024

Menú xaneiro

APERTURA COMEDOR ESCOLAR

Infórmase que a partir de mañá martes 12 procédese á apertura do comedor escolar.

INCIDENCIA COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias.

Comunicamos que o vindeiro luns 11 de setembro non se procederá a apertura do comedor, xa que non se conta cos colaboradores suficientes para garantir o servizo. 

En base a isto, vémonos na obriga de reorganizar o horario lectivo tendo en conta as posibilidades ofrecidas por transporte. 

O horario provisional será o seguinte:

Entrada = 9:30h como estaba previsto.

Saída = 14:45h 

O horario lectivo rematará ás 14:00h. Todas as familias que desexen recoller aos seus fillos/as poderán facelo a esa hora. Para o resto de alumnado, o autobús sairá do centro ás 14:45h e ata esa hora estára supervisado polo profesorado do centro.

De haber algún cambio, terémosvos informados.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021/2022

Xúntase información sobre o  comedor escolar e modelo de autodeclaración do comedor.

Un saúdo.

2ª AVALIACIÓN

                                                                      A Sionlla, 3 de abril de 2020

Estimadas familias: 

Comunicámos que dende hoxe, 3 de abril de 2020, terán vostedes acceso ás cualificacións correspondentes  á 2ª avaliación dos seus fill@os a través da aplicación abalarMobil . Con respecto a isto mencionar que aquelas familias que non lograron descargar ou ben acceder a dita aplicación, deberán tentar facelo novamente dende outro móbil, xa que podería acontecer que non sexa ese o número de teléfono que esté asociado á consulta telemática.

Unha vez feita a comprobación dende os distintos móbiles dos proxenitores ou titores legais do alumn@, se o problema persiste, prégase poñerse en contacto co centro durante os días lectivos en horario de 11:30 h. a 13:30 h.

Un saúdo.

O equipo directivo.

NOVO AVISO IMPORTANTE

Atletismo Franciscanos Lugo: AVISO IMPORTANTE

                                                                         A Sionlla, 2 de abril de 2020

Estimadas familias: 

Informamos que a partir de agora, unha vez feitas as xestións pertinentes, e seguindo as pautas da Consellería de Educación, será posible que poidan instalar nos seus teléfonos abalarMobil, aplicación que permite ás familias acceder á información dos seus fill@s a través do móbil (cualificacións, faltas de asistencia, etc...).

Terán que instalar a aplicación no teléfono (descargándoa de App Store ou Google Play Store) de calquera dos proxenitores (pai, nai ou titor legal), dependendo do número ou números que figuren asociados á consulta telemática. 

 

Un saúdo.

                                                                                  O equipo directivo.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

 

INFORMACIÓN EN RELACIÓN ÁS AXUDAS  PARA O COMEDOR ESCOLAR.

Ver arquivos anexos. 

PROPOSTA DE XORNADA MIXTA. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

Xúntase documentos enviados ás familias en relación á proposta dunha xornada lectiva mixta.

CALENDARIO 2012

Durante o primeiro trimestre deste curso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega promoveu, entre outras actividades, un concurso para escoller a mellor ilustración do calendario do ano 2012 que @s alumn@s levarán como agasallo navideño. E aquí temos á gañadora.

AND THE WINNER IS ... Miriam de 4º de Educación Primaria. Parabéns!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut