Chega o Entroido e con el as consignas do Meco, ideadas con moito agarimo, ao igual que o Meco, polo alumnado de 6º de Ed.Primaria. Noraboa polo gran traballo!
Para coñecer o que manda o Meco para o luns, pinchade na imaxe, e no blog de Marronciña poderedes descubrilo!
O alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa, quixo enviarvos un saúdo moi especial. Aquí volo deixamos para que poidades velo por niveis.
Ademais dende o EDLG púxose en marcha, como cada ano, a elaboración de postais navideñas para entregarlles aos usuarios da residencia DomusVi situada na Rúa Escultor Camilo Otero, en Santiago de Compostela. O resultado foi fabuloso!
CAMBIO MENÚ DO DÍA 30 DE NOVEMBRO Por non poder dispor do peixe fresco, o menú para o luns 30 de novembro será: 1º Prato: Sopa de polo. 2º Prato: Macarróns integrais con atún e cabaciña. Sobremesa: mazá.
Estas dúas actividades foron levadas a cabo no noso centro para reflexionar e conmemorar o 25N. No blog de BIBLIOTECA atoparedes un pequeno resumo das actividades que se puxeron en marcha.