Estimadas familias:
Comeza o prazo de solicitude de reserva de praza para Infantil e Primaria para o curso 2024 e 2025.
O alumnado que xa está matriculado non precisa formalizar matrícula.
Nota informativa aquí
Modelo Galego
Modelo Castelán.
Información a tener en cuenta
INFORMACIÓN IMPORTANTE
1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude, do contrario determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para 2/4 Edificio Administrativo Ronda da Muralla, 70 27071 LUGO edu.xunta.es renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
4º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.