O alumnado de 5 e 6 de Educación Primaria participou nunha actividade do máis dinámica e divertida.
http://lugoxornal.gal/movementos-sociais/16888-unha-escape-room-infantil-para-fuxir-do-amor-insano/?fbclid=IwAR34ACfos7SBQNOmciIxZk7RXDDmq09qQ0Q1F6Bew-ju-MR2KBzvKhxyTL4
O próximo luns 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e, dende o noso centro propoñemos que:
"as nenas e os nenos veñan ese día vestidos con roupa negra, non é necesario mercar nada, na medida do posible."
Estimadas familias
O próximo luns cambiaremos as portas de entrada, por favor, estade atentos as novas indicacións.
Moitas grazas pola vosa paciencia e bo facer.
Un saúdo
O equipo directivo.
Co gallo da celebración do magosto o vindeiro venres día 8 de novembro, solicitamos a vosa colaboración traendo unha presa de castañas anozcadas para levar a asar e compartilas ese día. Por favor, traédeas antes do xoves.
Equipo docente.