Bo día,
PROXECTO TEMPO DE LECER NO XIMNASIO
Coa idea de cumprir as normas establecidas no protocolo, xorde a proposta de convertir o ximnasio nunha “sala de cine”. Para tal fin, na páxina web do centro atópase un enlace a diferentes CORTOS EDUCATIVOS para poder proxectar nese espacio, no tempo de lecer, aos grupos que corresponda segundo a rotación establecida dende principio de curso. Cada profesor de garda encargarase de organizar ao alumnado nos cuadrados pintados en vermello (xa coñecen a dinámica pola especialidade de EF) e comezar a proxección. Disponse dun ordenador, altofalantes así como dunha pantalla y cañón. Todo quedará preparado, soamente haberá que acceder ao enlace da web. Prégase concienciar ao alumnado da importancia de seguir as medidas de seguridade neste espazo. Enviamos tamén unha lenda de cores para diferenciar o contido dos cortos. Moitos destes teñen propostas didácticas (búsqueda por Internet) para facer unha reflexión quen así o desexe.
SYMBALOO
LENDA/CORES PARA CORTOS EN SYMBALOO
- verde auga/ amizade
- amarelo/ solidaridade e xenerosidade
- rosa/ diversidade
- verde/ igualdade e non discriminación
- gris/bulling
- vermello/ cooperación
- laranxa/ saber desistir
- azul/ amor
- marrón/ autoestima
- verde claro/ empatía
- negro/honestidade
Un saúdo,
O EQUIPO DE CONVIVENCIA