Skip to Content

Comunicado Equipo Directivo

 

Comunicado Equipo Directivo 

 

Estimadas familias:

 

En base ás instruccións ofrecidas pola Conselleira de Educación ás 14:30 horas do día de hoxe (13/03/2020) e tras a reunión extraordinaria celebrada na mañá de hoxe no colexio, o claustro de Mestres/as acordou as seguintes medidas dirixidas a toda a comunidade educativa do CEIP de Casás, dentro do periodo comprendido entre o 16 de marzo e o 29 de marzo de 2020, ambos incluidos:

 

  • Suspéndese todo tipo de actividade lectiva regulada. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o servizo de comedor e servizo de transporte.

 

  • Suspéndense todas as excursións programadas, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

 

  • Suspéndense todo tipo de festivais, ou actividades que impliquen a reunión do noso alumnado.

 

  • O centro permanecerá totalmente pechado mentres dure a suspensión das actividades lectivas por parte da Consellería. A comunicación entre as familias e a escola realizarase exclusivamente a través da seguinte dirección de correo electrónico: ceip.casas@edu.xunta.es

 

  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación presencial e telemática de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.

 

  • O claustro de Mestres/as recomenda que, mentras se manteña a suspensión das actividades lectivas, os nenos/as realicen actividades de tipo xenérico relacionadas cos contidos curriculares, como por exemplo as seguintes:

 

  • Lectura comprensiva de contos, revistas…
  • Resolución de problemas sinxelos en situacións cotiás que impliquen sumar, restar, multiplicar, dividir… (pagos no supermercado, medidas e capacidades na cociña…)
  • Xogos de mesa
  • Transcripción de textos variados a man ou a ordenador
  • Redacción dun pequeno diario das actividades realizadas estos días, con descripcións de lugares, paisaxes, acontecementos…
  • Actividades e xogos educativos en internet

Recomendamos permanecer moi atentos á páxina web do colexio, ante posibles modificacións en atención á evolución da pandemia. A comunicación de calquera modificación das presentes instruccións realizarase coa maior inmediatez posible.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.

 

Recibide un cordial saúdo

 

O Equipo Directo.

Actividades alumnado

O longo desta semana colgaremos información sobre as actividades non evaluables que recomendan as titoras e titores.

 

Un saúdo 

 

Coronavirus

Nota informativa. 

Aviso ante a falta de comunicación oficial débense seguir as instruccións da Xunta apartado Coronavirus. A recomendación é non asistir mañá as clases, pero a suspensión total das actividades será probablemente dende o luns.

 

Un saúdo

Admisión alumnado 20/21

Comeza a admisión de alumnado no noso centro. Toda a información no seguintes link.

 

Menú mes de Marzo

Menú mes de marzo. 

Novo programa de radio

Saída 4º Educación Primaria Aeródromo Rozas

O alumnado de 4º de Educación Primaria ten prevista unha saída para o vindeiro 28 de febreiro. Por favor, descargue o impreso e entregue cuberto na titoria. 

Un saúdo 

 

A titora e titor de cuarto 

Cambio horario actividades extraescolares

CAMBIO DÍAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Por motivos alleos ao centro cambian os días de celebración das seguintes actividades:

- Predeporte: xoves de 16:00 a 17:00 horas

- Danza Galega: luns de 16:00 a 17:00 horas

Menú mes Febreiro

No último Consello Escolar realizado neste centro educativo co data 29 de xaneiro, acordóuse non enviar as familias por escrito o menú escolar.

 

Novos Iogures

Apostando por unha alimentación ecolóxica de calidade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut