Skip to Content

Proposta Actividades 6 A

Proposta de traballo na casa Educación Infantil.

Achegamos a proposta de traballo por parte das mestras de Educación Infantíl. 

Un saúdo 

 

MATERIAL DE PRIMEIRO DE PRIMARIA

Aquí vos deixamos unha serie de fichas para que poidades traballar durante este tempo.

PROPOSTAS DE TRABALLO PARA O ALUMNADO DE CUARTO DE E.P

Estimadas familias:

Deixámosvos unhas recomendacións para traballar na casa, que poden servir para que o alumnado leve un pouco mellor o confinamiento necesario ao que estamos sometidos todos/as (mirade o arquivo Adxunto). Un saúdo afectuoso e moito ánimo.

 

MATERIAL DE RELIGIÓN EVANGÉLICA

MENSAJERO VISITA CASÁS

 

Aquí os dejo las actividades que tenemos que realizar esta  semana. Recuerda que también nos puedes visitar en la Página de Mensajero

MATERIAL DE INGLÉS PARA O PERÍODO NON LECTIVO

 

 

No seguintes enlaces correspondentes a cada curso poden atopar exercicios interactivos e fichas de repaso para que o alumnado poida traballar os contidos referentes ás últimas unidades. Os exercicios interactivos pódense realizar en calquera dispositivo con conexión a Internet, máis recoméndase que se fagan nun ordenador para maior comodidade do alumnado e asegurar o correcto funcionamento. Grazas de antemán e moito ánimo nesta situación extraordinaria.

 

Un saúdo.

 

Carlos Lombao

 

MATERIAIS

3º curso: https://drive.google.com/drive/folders/1JXgRpbNkRKm50x6JJWmZRT_oW6hoOgF4?usp=sharing

4º curso: https://drive.google.com/drive/folders/1bpSM8o-30TSTwSVG0oso-pGwZMFG1kJh?usp=sharing

5º curso: https://drive.google.com/drive/folders/1tAQQquBauCllk_UF1ze_EIRn1sC2dkYj?usp=sharing

 

NOVAS INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN EN RELACIÓN CO COVID-19

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Neste momento debido a declaración do Estado de Alarma non se poden entregar solicitudes presencialmente no centro.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Todas as familias que no presentaran a solicitude van a poder presentala no momento en que se restableza a normalidade.

Podedes facernos chegar calquera dúbida o correo electrónico ceip.casas@edu.xunta.es

Comunicado Equipo Directivo

 

Comunicado Equipo Directivo 

 

Estimadas familias:

 

En base ás instruccións ofrecidas pola Conselleira de Educación ás 14:30 horas do día de hoxe (13/03/2020) e tras a reunión extraordinaria celebrada na mañá de hoxe no colexio, o claustro de Mestres/as acordou as seguintes medidas dirixidas a toda a comunidade educativa do CEIP de Casás, dentro do periodo comprendido entre o 16 de marzo e o 29 de marzo de 2020, ambos incluidos:

 

  • Suspéndese todo tipo de actividade lectiva regulada. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o servizo de comedor e servizo de transporte.

 

  • Suspéndense todas as excursións programadas, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

 

  • Suspéndense todo tipo de festivais, ou actividades que impliquen a reunión do noso alumnado.

 

  • O centro permanecerá totalmente pechado mentres dure a suspensión das actividades lectivas por parte da Consellería. A comunicación entre as familias e a escola realizarase exclusivamente a través da seguinte dirección de correo electrónico: ceip.casas@edu.xunta.es

 

  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación presencial e telemática de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.

 

  • O claustro de Mestres/as recomenda que, mentras se manteña a suspensión das actividades lectivas, os nenos/as realicen actividades de tipo xenérico relacionadas cos contidos curriculares, como por exemplo as seguintes:

 

  • Lectura comprensiva de contos, revistas…
  • Resolución de problemas sinxelos en situacións cotiás que impliquen sumar, restar, multiplicar, dividir… (pagos no supermercado, medidas e capacidades na cociña…)
  • Xogos de mesa
  • Transcripción de textos variados a man ou a ordenador
  • Redacción dun pequeno diario das actividades realizadas estos días, con descripcións de lugares, paisaxes, acontecementos…
  • Actividades e xogos educativos en internet

Recomendamos permanecer moi atentos á páxina web do colexio, ante posibles modificacións en atención á evolución da pandemia. A comunicación de calquera modificación das presentes instruccións realizarase coa maior inmediatez posible.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.

 

Recibide un cordial saúdo

 

O Equipo Directo.

Actividades alumnado

O longo desta semana colgaremos información sobre as actividades non evaluables que recomendan as titoras e titores.

 

Un saúdo 

 

Coronavirus

Nota informativa. 

Aviso ante a falta de comunicación oficial débense seguir as instruccións da Xunta apartado Coronavirus. A recomendación é non asistir mañá as clases, pero a suspensión total das actividades será probablemente dende o luns.

 

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut