Skip to Content

Ampliación importe cheque material

No Diario Oficial de Galicia do día14 de outubro de 2022está previsto que se publique a
Resolución do5 de outubro de 2022de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir
material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por
importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un
centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de
2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén
percibirá esta ampliación.

As familias non teñen que realizar ningún trámite a maiores.

Poderán recoller o vale a partir do vindeiro martes 18 de outubro de 10:00  a 14:00 horas.

Son beneficiarias aquelas familias que recibiron o cheque de material.

A axuda de 25 euros a maiores e terase que gastar preferiblemente antes do 31 de decembro-

Menú outubro

Menú outubro aquí

Calendario escolar 2022-23

Calendario escolar 2022-23

Información 5º e 6º de Educación Infantil

Período de adaptación Turnos

Quendas do período de adaptación aquí 

Lembrade vir a xuntanza o vindeiro día 8 ás 11. Entrada pola porta de transporte. (terceira porta subindo do instituto)

Un saúdo 

Reunión familias 4 de Infantil

Estimadas familias:

A reunión de comezo de curso para o alumnado de 4 de E.I.  terá lugar o vindeiro día 8 ás 11 da mañá. Na medida do posible, rogamos veñan só as familias, sen os peques. 

Un saúdo 

 

 

Aberto prazo solicitude comedor escolar. Novo alumnado de 4 de Infantil

Aberto o prazo de solicitude de comedor para o alumnado de 4 de Educación Infantil os días 5 e 6 de setembro de 10 a 14 horas.

Un saúdo

 

LIBROS DE TEXTO

Listaxe libros de texto aquí

Aberto prazo solicitude comedor escolar.

Solicitude praza Servizo de Comedor

Aquelas familias que non presentaron solicitude poderán facelo: 

Prazo de presentación de solicitudes: 30 de xuño-8 de xullo.

Horario: 10-13 horas administración.

Lembramos que teñen que acreditar a situación de exclusión social e os proxenitones con incompatibilidade horaria por motivos laborais, presentar certificado de empresa.

 A espera de novas instruccións, o servizo de comedor manten os dous turnos, cos mesmos horarios e as mesmas condicións que o pasado curso 2021-2022.

Ver documentación arquivo adxunto aquí

 

Fondo Libros

 

1- FONDO LIBROS

·       PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL

o    4 DE XULLO (NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS INTERIOR DO CENTRO)

·       RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL

o    5 e 6 DE XULLO

·       PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA

o    7 DE XULLO (NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS INTERIOR DO CENTRO)

·       ENTREGA DE LIBROS DO FONDO

o    A PRIMEIRA SEMANA LECTIVA DE SETEMBRO

 

2-AXUDAS LIBROS E MATERIAL

ENTREGA DE VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

o    7 e 8 DE XULLO de 10:00h a 13:30h (AS FAMILIAS QUE NON RECOLLAN O VALE NESTAS DATAS TERÁN QUE ESPERAR A SETEMBRO PARA RECOLLELO).

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Distribuir contido


by Dr. Radut