Skip to Content

RESERVA PRAZAS PARA INSTITUTO

Dende o 1 de febreiro  poderase facer a reserva de prazas para centros de Secundaria.

O procedemento pode realizarse por medio telemático dende o seguinte enlace ou ben por escrito entregando o seguinte anexo no centro.

O prazo de presentación das solicitudes e dende o día 1 de febreiro ata o día 15.

Día da Paz

Hoxe celebramos no colexio o día da paz realizando un teatro de sombras e unha coreografía de Maldita Nerea ademáis dun mural onde os nen@s foron poñendo as súas pegadas.

 

 

Radio 1

Hoxe iniciamos unha nova andadura, o noso primeiro programa de radio. Cada curso ten un reporteir@ que nos informará sobre unha noticia que considere importante. Desexamos qeu vos guste e esperámosvos o vindeiro venres.

Premio Fungastic

Un alumno de 4º de E.P. gaña o premio de Fungastic, unha viaxe para catro persoas a Barcelona con todos os gastos pagos. O centro tamén gañou un premio por ser o que mái participantes tivo.

 

Noraboa Adolfo.

 

ROMPE BARREIRAS CO AUTISMO

Os alumn@s do CEIP CASÁS celebraron o día mundial do autismo coa elaboración de diversos murais o venres e culminaron hoxe coa lectura dun manifestó por parte de alumnado co trastorno de espectro autista e coa “solta”, por parte de todo o alumnado e profesorado do centro, de globos azuis no patio do colexio.

 

Un acto moi emotivo e colorido.

 

 

 

   

  

XORNADA PORTAS ABERTAS

O martes 31 de maio ás 16:30h. teremos a nosa Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado de novo ingreso no centro.

Esperámoste.

MANIFESTO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Vivía en Lugo.

Era a nosa veciña.

Tiña 24 anos

e un montón de ilusións…

Unha rapaza chea de vida.

Chamábase Tatiana.

A fin de semana pasada unha man salvaxe acabou con ela,

quebrou todos os seus soños.

 

Tres días de loito oficial.

Unha homenaxe póstuma.

O loito verdadeiro no noso corazón,

que latexa de tristura por unha vida rematada

antes de tempo e dun xeito tan violento.

 

E con Tatiana xa van quince en España,

quince vidas truncadas

a mans das súas parellas ou exparellas.

Ningunha muller merece o maltrato e a violencia.

Ningunha muller merece esta última humillación…

 

Un minuto de silencio por Tatiana

e todas as demáis víctimas da violencia de xénero.

Unha vela por cada unha e un bico para todas.

 

De corazón.

Comunicación sobre a admisión de alumnado

II

 

XUNTA  DE GALICIA

DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO

Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria



 

Edificio Administrativo

Ronda da Muralla, 70

27071 LUGO

www.edu.xunta.es


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pola presente se comunica a todos os centros da cidade de Lugo que o prazo de  presentación das solicitudes de  admisión de  alumnado para o vindeiro curso 2016/17 finaliza o día 29 de marzo do 2016 ás 14 horas.

 

 

Prégase que por parte de todos os centros se publique no taboleiro de anuncios de xeito claro e visible a data e hora límite de entrega se solicitudes no centro, e a partir desa hora non se permita a entrada de persoa algunha para facer entrega de solicitudes de prazas para o vindeiro curso escolar.

 

 

Lugo, a 18  de marzo de 2016. O Inspector de Escolarización

 

 

 

OBRADOIRO

Os alumn@s de 2º e 3º  de E.P. do CEIP CASÁS realizaron uns obradoiros sobre LUCERNAS e MOSAICOS. Tiveron a oportunidade de realizar un mosaico ao estilo romano coa figura do nudo de Salomón como modelo.

 

 

CAMBIO NOS NÚMEROS DE TELÉFONO

 

A partir de hoxe día 30 de novembro cambia o teléfono do CEIP CASÁS . Os novos números son:

 

 

NÚMEROS DE TELÉFONO DO                   CEIP CASÁS

 

 

TELEFONO PRINCIPAL: 982 870483

 

FAX 982 870488

 

 

 

XEFATURA DE ESTUDOS 982 870481

 

SECRETARÍA   982 870482

 

CONSERXERÍA  982 870484

 

 

Lugo, 30 de novembro de 2015

 

 

A DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut