Solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021
Deberán presentar solicitude:
-Alumnado matriculado no CEIP de Casás no curso 2019/2020 que queira seguir sendo usuario do comedor escolar no curso 2020/2021.
-Novo alumnado matriculado no CEIP de Casás para o curso 2020/2021 que queira facer uso do comedor escolar.
Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click AQUI
A solicitude debe presentarse cuberta e asinada, presencialmente, en administración do centro en horario de 10:00 a 13:00 de luns a venres.
Prazo: do 19 de xuño de 2020 ao 10 de xullo de 2020.
13 de xullo de 2020: publicación da lista provisional de usuarios admitidos.
14 de xullo – 20 de xullo de 2020: reclamación á lista provisional.
21 de xullo de 2020: publicación da lista definitiva de usuarios admitidos.
De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que deberá ser entregada no centro (polos medios anteriormente citados) entre o 19/06/2020 e o 10/07/2020
Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click AQUÍ
Mediante este impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2019, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde aboar, de acordo cos tramos fixados no citado Decreto.