Skip to Content

Reunión Infantil 3 Anos

Comezo de Curso. Día 9. Entradas e saídas.

Estimadas familias:

O curso comeza o vindeiro día 9 de setembro cos mesmos horarios de entradas e saídas do ano anterior.

O alumnado permanecerá no centro en horario de 9:30 a 14:30

O servizo de madrugadores e comedor funcionarán con normalidade.

O alumnado de tres anos deberá estar pendente do período de adaptación que colgaremos ca maior brevidade.

Consulte portas de entradas e saídas:

- Primaria pulse aquí.

- Infantíl pulse aquí.

Antes do día 9 mandaremos abalar indicando o curso no que se atopa matriculado a súa filla ou fillo.

Un saúdo

Comedor escolar

Solicitude praza Servizo de Comedor

Aquelas familias que non presentaron solicitude poderán facelo: 

Prazo de presentación de solicitudes: 1-2 de setembro 

Horario: 10-13 horas administración.

Lembramos que teñen que acreditar a situación de exclusión social e os proxenitones con incompatibilidade horaria por motivos laborais, presentar certificado de empresa.

 

O servizo de comedor manten os dous turnos, cos mesmos horarios e as mesmas condicións que o pasado curso 2020-2021.

Ver documentación arquivo adxunto 

Libros de Texto

Listaxe libros de texto curso 2021/2022.

 

Listaxe

Colaboradoras comedor escolar.

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP DE CASÁS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022.

 

  As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.

 O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Lémbrase que é preciso ter o carné de manipulador de alimentos e o certificado de non delitos sexuais a hora de entregar a solicitude.

 

 Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 Excepcionalmente mentres duren as medidas Covid amplíase a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas devoluntariado social (Concellos, ONGs). Esta colaboración voluntaria a desenvolverán nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado. A ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.

  Lugo, 29 de xuño de 2021

 

 

 

A directora do centro

 

Solicitude praza Servizo de Comedor.

Prazo de presentación de solicitudes: 1-7 de Xullo

Horario: 10-13 horas administración.

Lembramos que teñen que acreditar a situación de exclusión social e os proxenitones con incompatibilidade horaria por motivos laborais, presentar certificado de empresa.

 

O servizo de comedor manten os dous turnos, cos mesmos horarios e as mesmas condicións que o pasado curso 2020-2021.

Ver documentación arquivo adxunto

Fondo libros

Fondo Libros:

- Listaxe provisional: 02/07/2021 no taboleiro do centro. 

 

- Listaxe definitiva: 07/07/2021 no taboleiro do centro.

 

Entrega de vales de adquisición de material e libros de texto 8 e 9 xullo,  en horario de 10:00  a 13:00 . En setembro haberá outro período de entrega. 

 

Documental Donas de Casás

Casariana e as casarianas e casarianos... Reciclan ;)

Novo capítulo de Xiana e Casariana

Distribuir contido


by Dr. Radut