Comunicado Equipo Directivo
Estimadas familias:
En base ás instruccións ofrecidas pola Conselleira de Educación ás 14:30 horas do día de hoxe (13/03/2020) e tras a reunión extraordinaria celebrada na mañá de hoxe no colexio, o claustro de Mestres/as acordou as seguintes medidas dirixidas a toda a comunidade educativa do CEIP de Casás, dentro do periodo comprendido entre o 16 de marzo e o 29 de marzo de 2020, ambos incluidos:
- Suspéndese todo tipo de actividade lectiva regulada. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o servizo de comedor e servizo de transporte.
- Suspéndense todas as excursións programadas, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
- Suspéndense todo tipo de festivais, ou actividades que impliquen a reunión do noso alumnado.
- O centro permanecerá totalmente pechado mentres dure a suspensión das actividades lectivas por parte da Consellería. A comunicación entre as familias e a escola realizarase exclusivamente a través da seguinte dirección de correo electrónico: ceip.casas@edu.xunta.es
- Amplíase provisionalmente o prazo de presentación presencial e telemática de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación de solicitudes.
- O claustro de Mestres/as recomenda que, mentras se manteña a suspensión das actividades lectivas, os nenos/as realicen actividades de tipo xenérico relacionadas cos contidos curriculares, como por exemplo as seguintes:
- Lectura comprensiva de contos, revistas…
- Resolución de problemas sinxelos en situacións cotiás que impliquen sumar, restar, multiplicar, dividir… (pagos no supermercado, medidas e capacidades na cociña…)
- Xogos de mesa
- Transcripción de textos variados a man ou a ordenador
- Redacción dun pequeno diario das actividades realizadas estos días, con descripcións de lugares, paisaxes, acontecementos…
- Actividades e xogos educativos en internet
Recomendamos permanecer moi atentos á páxina web do colexio, ante posibles modificacións en atención á evolución da pandemia. A comunicación de calquera modificación das presentes instruccións realizarase coa maior inmediatez posible.
Moitas grazas pola vosa comprensión e apoio.
Recibide un cordial saúdo
O Equipo Directo.