Skip to Content

TRANSPORTE ESCOLAR 2020/2021

Ábrese o prazo para solicitar a modificación de itinerario e a creación de novas paradas nas rutas actuais de transporte escolar. 

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta a aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2 km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Prazo de solicitude: ata o 15 de xullo de 2020, incluido.

Asimesmo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.

Considéranse usuarios ilexítimos do servizo de transporte escolar os seguintes:

  1. Alumnado cuxo domicilio se atopa a unha distacia respecto do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes
  • Que non comporte a modificación das rutas
  • Que non supoña a creación de novas paradas
  • Que non incremente a duración do traxecto
  • Que non precise a incorporación de acompañante

Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

Prazo de solicitude: ata o 1 de setembro de 2020, incluido.

COMEDOR ESCOLAR 2020/2021

 Solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021

 Deberán presentar solicitude:

        -Alumnado matriculado no CEIP de Casás no curso 2019/2020 que queira seguir sendo usuario              do comedor escolar no curso 2020/2021.

        -Novo alumnado matriculado no CEIP de Casás para o curso 2020/2021 que queira facer                       uso do comedor escolar.

Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click AQUI

 A solicitude debe presentarse cuberta e asinada, presencialmente, en administración do centro en horario de 10:00 a 13:00 de luns a venres.

 Prazo: do 19 de xuño de 2020 ao 10 de xullo de 2020.

13 de xullo de 2020: publicación da lista provisional de usuarios admitidos.

14 de xullo – 20 de xullo de 2020: reclamación á lista provisional.

21 de xullo de 2020: publicación da lista definitiva de usuarios admitidos.

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que deberá ser entregada no centro (polos medios anteriormente citados) entre o 19/06/2020 e o 10/07/2020

Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click AQUÍ

Mediante este impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2019, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde aboar, de acordo cos tramos fixados no citado Decreto.

 

 

 

Listaxe libros 20/21

Achegase listaxe libros vindeiro curso 2020/2021.

 

Un saúdo 

 

Alumnado 6 Infantil A

O alumnado de 6 DE INFANTÍL A, poderá vir o xoves día 18 en horario de 11:00 a 13:00 horas a recoller o material que quedou na aula. A profe Ana estará agardando. 

Un saúdo 

 

Información familias fin de curso

Achégase información do calendario para a devolución fondo libros, vales de material, entrega documentación alumnado sexto de primaria, data reclamacións ás notas e outros. 

O boletín de notas será a través do servizo Abalar o vindeiro 19 de xuño ás 14:00 horas. 

 

Un saúdo 

 

Datas e horas recogida material escolar e libros.

Por favor, lede os archivos achegados para a entrega do material do alumnado que quedou nas aulas.

O LUGAR DE RECOLLIDA SERÁ O XIMNASIO PEQUENO.

Algunhas mestras de Educación Infantil van continuar co material por iso non aparecen no horario. 

Lede con detenimiento as NORMAS DE ACCESO. É POLA SEGURIDADE DE TODAS E TODOS. 

Un saúdo 

Axudas material adquisición de libros de texto e fondo libros. Aberto o prazo ata o 19/06

Achegamos información sobre e procedemento, un exemplo para poder cubrir a solicitude correctamente a axuda e formulario de axuda. 

Rogamos lean atentamente esta información. Calquera dúbida envien correo electrónico a ceip.casas@edu.xunta.es ou no número 982870482. 

Ver archivos adxuntos. 

Admisión alumnado 20/21

INFORMACIÓN IMPORTANTE AS FAMILIAS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN. 

 

Por favor, lede a información adxunta e lembrade pedir cita previa ben por correo electrónico ceip.casas@edu.xunta.es ou no teléfono 982287482.

Un saúdo 

 

 

Enquisa Plan Estratéxico de Mellora dos centros PROA+

Estimadas familias 

Solicitamos a vosa colaboración para a elaboración do Plan de Mellora Proa + do noso centro cubrindo a seguinte enquisa 

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZeVi1cDoYO4Z5sC_GsicIzpNqosnO...

Enquisa para familia

Para a elaboración do Plan Estratéxico de mellora dos centros Proa+ de Galicia precisamos que como familia do alumnado do centro precisamos que realicedes a seguinte enquisa. O prazo é dende o venre día 21 de abril ata o luns 1 de maio.

Clica no enlace.

Enquisa

Distribuir contido


by Dr. Radut