UN XANEIRO CHEO DE CORES

Comezamos o trimestre con sorpresas que nos deixou o Nadal: xoguetes novos de regalo!

Observando a natureza do noso patio percatámonos dos cambios da nova estación: fai moito frío e algunhas árbores quedaron sen follas!

Quixemos coñecer o nome propio e o dos compañeiros e para iso fixemos un abecedario coas nosas iniciais e un libro dos nosos nomes.

Celebramos o día da paz, centrado neste curso na igualdade, polo que comezamos o proxecto de “Frida Kahlo e a Arte”, muller que superou as adversidades grazas a pintura.

UN NOVEMBRO CHEO DE EMOCIÓNS


Os nenos de 3 anos seguimos disfrutando dos xogos manipulativos como ferramenta para aprender e experimentar. 

 

Estivemos traballando as emocións grazas ao conto do “Monstro de cores”. Na asemblea, temos o noso momento de “reflexión” onde expoñemos cómo nos sentimos e eliximos a cor que mellor nos representa. Tamén axudamos ao Monstro a recolocar as súas propias emocións neste mural simbólico.

 


Como novidade, creamos nas nosas aulas o “Recanto da Calma”, un lugar de paz e reflexión onde podemos acudir sempre que necesitemos relaxarnos.

 

Non nos esquecemos de que nesta fermosa estación “O Outono” temos moito que celebrar: disfrutamos dun Magosto cheo de castañas e no Samaín enterramos os nosos medos nun caldeiro.

EN 3 ANOS COMEZAMOS A ESCOLA CON ILUSIÓN

 

Xs nenxs  de 3 anos comezamos a escola por primeira vez polo que este mes adicamolo a coñecer este entorno, explorar diferentes materiais e realizar actividades manipulativas e xogos para coñecernos mellor e sentirnos a gusto.