Matrícula curso 2022/23
O prazo de matrícula ordinaria do alumnado con reserva ou que solicitou admisión no mes de marzo comeza o 20 de xuño e remata o 30 de xuño.
Deberán presentar o ANEXO III (clicar para acceder) debidamente cumprimentado, xunto coa documentación que se relaciona (agás que xa fixesen entrega dela no momento da solicitude de admisión ou reserva):
- Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do libro de vacinas
- Certificado médico (pediatria para escolarización)
- 2 fotos tipo carné (non serán necesarias si se vai autorizar o uso da imaxe)
No caso de alumnado que non realizara solicitude de admisión ou de reserva no prazo indicado, o procedemento é o de matrícula extraordinaria, e debe ser xustificada (cambio de domicilio, violencia de xénero ou acoso escolar) co modelo de solicitude extraordinaria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexoiii_1_infantil_primaria.pdf | 427.8 KB |