Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto 2020/21

Acaba de saír publicada a  Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

Para a tramitación das axudas será preciso cumprimentar a solicitude, que se poderá facer a man descargando aquí o formulario (link), no mesmo ordenador para presentar presencialmente no centro (non esquecer asinar) descargando este formulario e cumprimentando as catro primeiras páxinas que son as que hai que presentar (- clicla para acceder ao formulario editable), ou ven a través da aplicación Fondolibros (link), que permite o acceso ao formulario ou mesmo a presentación telemática si se dispón de medio de identificación (Chave 365 ou DNI/certificado dixital). (A Chave 365 pódese solicitar a través do Centro Médico, aínda que de momento, dada a actual situación non se está a tramitar. Consultar dita posibilidade por teléfono ao Centro Médico).

 

Tamén será posible recoller o formulario no propio Centro educativo, para o que se prega, de ser posible, se contacte antes coa fin de evitar esperas na atención. 

Para a entrega presencial, informamos que será preciso avisar previamente, xa que se revisarán ao ser entregadas para evitar na medida do posible viaxes innecesarias

Cumprimentación e documentación: Pregamos lean detenidamente a solicitude e procuren ter cumprimentados os distintos apartados e coas sinaturas que se solicitan. Deberán aportar copia do libro de familia, e en caso de non coincidir cos datos que figuren na solicitude documentación que xustifique dita circunstancia (certificado de padrón, sentenza de separación ou divorcio, xustificante de minusvalía,...). 

IMPORTANTE: os datos que figuren na solicitude deberán coincidir cos DNI das persoas que se relacionen, pois o sistema de comprobación rexeitará as solicitudes (por exemplo, cando o nome da solicitude está incompleto e non coincide co do DNI)

 

Lembramos que o alumnado que adquiriu libros co vale da axuda de libros no curso 2019/2020 e os beneficiarios do fondo solidario de libros, asinou ao facer a solicitude o compromiso de entregalos en bo estado ao remate de curso (data límite 21 de xuño). Non se entregarán os de 1º e 2º de EP, por consideralos como material non reutilizable. O prazo de devolución será como máximo o 19 de xuño de 2020, dado que para validar as novas solicitudes será preciso constatar e marcar a correspondente devolución na aplicación por parte do centro

O alumnado que no curso 2020/2021 vaia cursar 1º da ESO deberá entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros no Instituto onde fosen admitidos no mesmo prazo que en primaria , e previamente deberá ter entregado, de ser o caso, os libros prestados do fondo solidario e do banco de libros no CEIP de Carnota o máis tardar o 21 de xuño, para proceder a cargar a entrega dos mesmos na aplicación do Fondo Solidario de Libros, requisito para solicitar a axuda no curso 2019/2020.

Asignación de libros e contía das axudas

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto. c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros, con independencia da renda. 

Ademais, poderán solicitar axudas para libros o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, cos mesmos requisitos en canto á renda per cápita.

Na mesma convocatoria se tramita a axuda para material escolar, segundo o mesmo criterio de renda (A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

 

 

AdxuntoTamaño
anexosolicitudefondolibros.pdf129.58 KB
solicitudefondolibros editable.pdf1.66 MB


page | by Dr. Radut