Campaña Doa Sangue
Estimadas familias.
Fannos chegar unha campaña a prol da doazón de Sangue, coincidindo con que a UNIDADE MÓBIL estará diante do Concello o xoves 30 de maio de 16:30 a 21:00.
Os máis pequenos, e ata onde chegan as existencias de material, levan un libro dos Bolechas e un caderno de actividades, ademais das notas coa información que reproducimos aquí.