Skip to Content

Da aula de informática 1.0 á aula multidisciplinar 2.0

O noso centro conta cunha aula de informática dende pouco despois do ano 2000, daquela, con equipos doados por entidades e postos en funcionamento por profesorado do centro, que se encargou tamén de crear unha rede propia.

A medida que foi posible se foi dotando de equipamento, con ordenadores, mesas, dotación de tomas de corrente, cableado de acceso á rede ata chegar a contar con 22 postos para o alumnado, ordenador para o profesor e proxector e pantalla.

Co paso dos anos os equipos foron quedando obsoletos, sendo preciso conseguir doazóns, mercar algúns e reparar moitos, pero a realidade é que poucas veces se empregaba xa que os equipos eran distintos, os sistemas operativos coincidían uns con Linux e outros con Windows e a posta en marcha de moitos equipos colapasaba a rede informática e mesmo sobrecargaba a liña de corrente, cando non fallaban varios equipos á vez.

Ao non poder contar con profesorado con formación e sobre todo con disponibilidade horaria para o mantemento, derivou en que nos últimos cursos case non se empregase.

Por outro lado, ao converternos en centro EDIXGAL, boa parte do alumnado xa dispuxo de ordenadores portátiles, conectados a través da rede abalar, menos colapsada, e foron quedando dispoñibles algúns portátiles que se puxeron a disposición das aulas non EDIXGAL, como recurso en aula.

Era o momento de actualizar esa aula e sacarlle proveito para todos e todas. Mantendo a posibilidade de contar algúns equipos fixos, a posibilidade de conectar equipos abalar portátiles, dispor de monitor interactivo, proxector, e sobre todo mesas e espazo para crear espazos de traballo multidisciplinar nos animou a reconverter este espazo no que demos en chamar Aula Multidisciplinar 2.0



page | by Dr. Radut