Skip to Content

Proceso de admisión e matrícula para o curso 2024-2025

Informamos que, para o novo alumnado (o alumnado que xa está no centro non ten que realizar ningún trámite), en marzo comeza o prazo para a solicitude de admisión:

 

 

PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO:

  

Do 1 ao 20 de marzo

 

Listado provisional: 25 de abril. Reclamación: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

 

Listaxe definitiva: 15 de maio

 

Tedes toda a información no documento explicativo que se pode descargar clicando aquí

 

Os formularios serán os normalizados, que se poderán cumprimentar por sede electrónica ou descargar e cumprimentar e entregar no centro

 

Acceso a Admisión Alumnado (Xunta de Galicia)

Pode cumprimentarse e imprimir o formulario de admisión, descargar e cumprimentar a man, desde o momento que abra o prazo (1 de marzo). Tamén presentar telemáticamente con certificado dixital ou Chave 365.

Para descargar o anexo II de admisión (galego) clicar aquí

 

VACANTES

 

Curso Vacantes para o curso 2024-2025
4º EI 20
5º EI 12
6º EI 5
1º EP 6
2º EP 0
3º EP 0
4º EP 7
5º EP 9
6º EP 8

 

 Normativa de aplicación (clicar para acceder á normativa e ao manual para as familias)

 

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

MANUAL PARA AS FAMILIAS

 

AdxuntoTamaño
Exposición reserva, admisión.pdf140.18 KB
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB


book | by Dr. Radut