Skip to Content

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar!

Bos días familias!!

Informarvos que a biblioteca escolar xa abriu as súas portas a toda a comunidade educativa dende onte, 24 de outubro, data na que se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares! 

Para facer unha gran apertura, os nenos e nenas de cursos máis altos (4º, 5º e 6º) representaron varias obras de teatro aos máis pequenos/as: Os tres porquiños, Peter Pan e Don Quixote. Encantoulles a todos/as, tanto aos espectadores como aos actores e actrices tan profesionais que temos no noso colexio!

Asemade e como sorpresa, o profesorado disfrazouse de personaxes Disney, aparecendo unha mosqueteira, Minnie Mouse, Cruella de Vil, o Gato con Botas, Robin Hood, Maléfica, Pocahontas e Wendy, polas aulas en vez de mestres e mestras. Os nenos/as quedaron abraiados!

Todo elo leva consigo que ao longo de todo o curso tamén se realicen outras novas actividades que partirán da biblioteca, como é o concurso de enigmas, talleres,...

Esperamos, como pasou en anos anteriores, a vosa participación tan activa en todo o que vos propoñemos e agradecervos xa de antemán a colaboración que sempre nos achegades!

 

Unha gran aperta e benvida de Leocadia!!



page | by Dr. Radut