Axudas alumnado NEAE do MEC para o curso 2023-24
Está aberto o prazo parra solicitar axudas NEAE para o vindeiro curso 2023-24 (remata o 20 de setembro de 2023)
Estas axudas están destinadas a subvencionar gastos orixinados por atención do alumnado con necesidades en organismos privados así como, de ser o caso, gastos de transporte.
Información sobre as axudas: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Pasos:
As solicitudes cubriranse a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación.: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html
Unha vez cuberta pola familia, deberán imprimir, asinar a solicitude e presentala no centro educativo xunto ca seguinte documentación:
• Todos os membros da familia maiores de idade deben asinar a solicitude.
• Fotocopia dos DNI ou NIE.
• Certificación bancario do número de conta na que obrigatoriamente debe figurar o alumno.
• Fotocopia do documento que acredite ser familia numerosa (de ser o caso)
• Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33% (de ser o caso)
En caso de dúbida, consultar ao DO do centro. Poden envíar un correo electrónico que será reenviado á Orientadora que lle resolverá as dúbidas.