O día 25 de outubro acudimos ao pabillón de Ribadavia para participar na 1ª xornada do multideporte. Enfrontámonos ao alumnado do colexio de Carballeda de Avia en distintos xogos e deportes: brilé, minibásket, minibalonmán, e minivolei. Foi unha xornada de convivencia na que o resultado non era o importante senon facer exercicio físico e disfrutar coa actividade polideportiva. Pasámolo moi ben!!! Así que repetiremos a experiencia.
O pasado 29 setembro celebrouse a Semana Europea do Deporte de forma simultánea en todos os países da Unión Europea e dende o Cole nos unimos a esta iniciativa
Os deixamos dous videos nos que corrimos, xogamos, bailamos para promocionar a actividade física