PILABOT, Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros escolares
Concurso de recollida de pilas e
acumuladores en centros escolares
Este ano Volvemos a participar no concurso PILABOT que desenvolverase no curso escolar 2023-2024, entre os meses de xaneiro e abril.
Cenlle (Ourense), 7 de novembro de 2023.- A Xunta de Galicia, coa colaboración e apoio dos xestores de pilas autorizados en Galicia Ecopilas, ERP e Ecolec, impulsan un ano máis a campaña escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe e que terá como actividade principal un concurso de recollida de pilas, acumuladores e baterías usadas entre o alumnado de todos os colexios de primaria e secundaria participantes.
Durante unha visita ao CEIP Carmen García Carrasco, en Cenlle, un dos centros educativos que participou nas catro edicións anteriores, resultando gañador na categoría de quilos totais recollidos por alumno no curso 2022-2023, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, subliñou que grazas ao esforzo realizado polos escolares dos 150 centros inscritos na pasada edición se reciclaron máis de 46 toneladas de pilas, un dos residuos domésticos máis perigosos e altamente contaminantes.
QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO
Esperamos contar coa vosa colaboración