Os nenos e nenas de Cenlle tivemos unha charla sobre a discapacidade, na que fumos capaces de sentir o que é estar enriba dunha cadeira de rodas, e sentir de primeira man o que pode sentir unha persoa que non pode ver.
APOIAMOS á labor de COGAMI que ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción do seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servicios que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
Este ano celebramos o día da Biblioteca no nova Biblioteca de Cenlle, onde sacamos libros de préstamos e disfrumos da lectura con Fátima Fernández, un gran día
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación é aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias . Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar toda a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
Os deixamos un vídeo para que a poidades descargar nos vosos teléfonos calquera dúbida podedes chamar ao centro
La Vuelta Al Cole de Unoentrecienmil é unha carreira solidaria que se organiza nos coles desde fai sete anos. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.
Dende O NOSO COLE QUEREMOS UNIRNOS e INVITARVOS a carreira na que correremos polas rúas de Cenlle e así conseguir que todos os peques enfermos de leucemia poidan volver ao cole.
EN BREVE OS INFORMAREMOS DA DATA E DO PERCORRIDO DA CARREIRA
E chegou o primeiro día de clase e con el as elebracións, esta vez "O Concello de Cenlle" como é costume encheu o cole de inflables e diversión, aquí os deixamos este vídeo
Axudas para adquisición de libros e material escolar para @s alumn@s de Educación Infantil e Primaria, do CEIP "Carmen García Carrasco de Cenlle" empadroados neste Concello, para o curso 2022 - 2023.
Consulta as bases nas oficinas do Concello (bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o 5 de xullo de 2022, núm. 152).
O prazo de presentación remata o 5 de outubro de 2022.