Este venres 16 de xuño estivemos en Santiago de Compostela en MUPEGA na entrega de premios de PILABOT recollendo o noso 1º premio na recollida de pilas, un orgullo recibir o primeiro premio e poder contar co apoio de todas as familias e con todo o pobo de Cenlle, GRAZAS
Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
A nosa auxiliar de Conversa Karina, unha persoa con moitas gañas de traballar, disposta en cada actividade, con moi bo trato co alumnado e sobr todo boa compañeira!!!
GRAZAS por todo o teu traballo, o alumnado e o profesorado do CEIP Carmen García Carrasco te espera pronto
A Cetaría López Novoa é un viveiro de marisco de auga climatizada na que hai todo tipo de marisco da ría de Vigo e logo visitamos a empresa de Frigoríficos de Vigo que se dedican á fabricación e venta de xeo de escama.
Visita ao submarino Nautilus que esta dotado de cámaras de gravación submarina 24 horas ao día, ye permite contemplar tanto a flora como a fauna que rodea o litoral portuario e despois tivemos un catering mariñeiro
Un gran evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Haberá tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos
O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego