Skip to Content

Benvida

Benvidos á páxina web do 

CEIP Carmen García Carrasco 

 

DEBUXOS E CARTAS RUMBO A VALENCIA!

Esta semana, despois da catástrofe acontecida en Valencia, no cole de Cenlle, por iniciativa da nai que organizou unha recolecta de donacións no campo de fútbol, os nen@s fixeron uns debuxos e cartas con mensaxes de ánimo e cariño para enviar no tráiler (xunto co resto de produtos).

Cada nen@ acompañou o seu bonito debuxo con algunha frase que lle gustaría transmitir ás persoas que tan mal o están a pasar. Incluso practicamos idiomas, escribindo en castelán, galego, inglés e, por suposto, aprendendo tamén valenciano! (manexando o tradutor).

Agardamos que o noso gran de area sirva de axuda e saque uns sorrisos tanto a cativ@s como a maiores valencianos, mandándolles todas as nosas forzas e amor dende Cenlle!!

Premede na foto para ampliar e ver ben que gran traballo fixemos fomentando a empatía, o apoio e a solidariedade!

 

Álbum: CURSO 2024-2025 -> MENSAXES PARA VALENCIA

GOZANDO DO CROS EN RIBADAVIA! (6 novembro)

O mércores 6 de novembro, o alumnado dende 2º a 6º de Primaria participou no cros da Veronza (campo de fútbol de Ribadavia), organizado por XOGADE.

Velaquí vos deixamos un breve resumo do ben que o pasaron os nenos e nenas participantes e do ben que o fixeron!! Sen dúbida, quedaron sen folgos!!

Noraboa a tod@s!! Sodes uns campeóns e campioas só por ter participado nesta carreira tan difícil e dura!

E lembrade... non vos desanimedes! Para o ano, máis e mellor.

 

VISITA Á BIBLIOTECA DE CENLLE (24 outubro)

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e visitamos a Biblioteca Municipal de Cenlle para coller libros de préstamo e, ademais, asistir a un contacontos moi divertido!!

Titulábase "O Rato e a Lúa"... da compañía teatral infantil que fomenta a lectura desde 1992 "Os Ratos de Lonxedetodo" (Trinketrinke teatro).

Aquí vos deixamos algúns dos momentos que inmortalizamos. Sen dúbida, pasámolo todos (nen@as e profes) XENIAL!! Rimos, cantamos, e ata bailamos co rato e o seu acordeón!!

Álbum: CURSO 2024-2025 -> VISITA DÍA DAS BIBLIOTECAS

VÍDEO SAÍDA A EXPOURENSE (10 outubro)

Hoxe traemos un vídeo no que recompilamos momentos de máxima diversión para recordar sobre a saída que fixemos a Expourense o día 10 de outubro, á actividade FUNTASTIK-NO LIMITS.

 

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO

Despois desta ponte de 4 días na que mudamos de outubro a novembro... Hoxe compartimos convosco o menú deste mes, no cal teremos diversas celebracións e conmemoracións. Preparados/as para empezar a desfrutar del mañá, rapazas e rapaces? 

 

Menú comedor Novembro

DOCU-SAMAÍN 2024

 

Como o prometido é débeda... Hoxe toca compartir con todas as familias a "nosa propia película de medo"!!! Si, si... estades lendo ben.

 

Hoxe traémosvos o docu-Samaín... Unha vídeo-montaxe a modo de resumo do que foi o Samaín/Halloween no CEIP Carmen García Carrasco neste curso 2024-2025.

 

Tomade asento e a desfrutar!!

 

 

SEMANA TERRO-RÍTMICA

Esta semana de Samaín/Halloween 2024... o cole de Cenlle encheuse de bechos, monstros... e ata tivemos túnel do terror!!

 

Como aperitivo da semana, o luns, os maiores do cole fixeron un traballo en equipo terro-rítmico... E é que lle puxeron banda sonora a esta conmemoración no noso colexio interpretando unha peza musical...

 

Pronto vos ensinaremos un resumo desta semana terrorífica, pero mentres... a gozar dos e das artistas do cole!!!

Vídeo en 3, 2, 1...

 

AS MOCHILAS VIAXEIRAS DESPEGAN EN 3, 2, 1…

AS MOCHILAS VIAXEIRAS DESPEGAN EN 3, 2, 1…

 

Hoxe, xoves 24 de outubro de 2024, conmemoramos, un ano máis, o Día das Bibliotecas!!! 

 

E que mellor idea que ir á Biblioteca Municipal de Cenlle coller uns libros de préstamo e ver unha obra de teatro!!! (en próximas publicacións veredes nas fotos que ben o pasamos todos alí, nenos/as e profes!).

 

Ademais, para celebralo polo alto, mañá, venres 25 de outubro, faremos despegar as Mochilas Viaxeiras do cole!!!! Tedes ganas? Están cargadas de novas aventuras, historias e recursos marabillosos que vos van fascinar!

 

Mañá porémolas en marcha, pero debedes lembrar varias cousiñas importantes…

 

Primeiro, que poderedes gozar delas durante 15 días, así que dentro de 2 semanas debedes traelas de volta ao colexio para que outra compañeira ou compañeiro da vosa clase poida levala tamén para a súa casa.

 

Segundo, máis importante aínda, tedes que coidar a Mochila e o material que leva dentro.

 

Finalmente, traemos unha novidade deste curso. Na Mochila Viaxeira, veredes unha pequena libreta. Cando rematedes de ler/ver todos os materiais, debedes facer o seguinte:

Nunha páxina (ordenadamente, sen saltar follas) poredes a data e o voso nome, e debaixo diso podedes elixir entre: facer un debuxo do que máis vos gustou (pode ser o libro, personaxes…), pegar unha fotografía vosa lendo, escribir unha pequena reflexión de cal foi o voso recurso favorito e por que… Ademais, podedes escribir o nome dalgún libro que vos gustaría que estivese na Mochila ou na biblioteca.

 

Preparados/as?    As Mochilas Viaxeiras despegan en 3, 2, 1…

 

 

 

INFORMACIÓN SAÍDA XOVES 10 OUTUBRO A EXPOURENSE

INFORMACIÓN SAÍDA XOVES 10 DE OUTUBRO Á ACTIVIDADE FUNTASTIK - NO LIMITS (EXPOURENSE)

 

- O autobús sae exactamente ás 9:50, polo que o alumnado deberá estar no centro coa antelación precisa para non chegar tarde ao bus.

- NON se poden levar xoguetes nin diñeiro á saída.

- Levar roupa cómoda e de manga longa (chándal, mallas...).

- Zapatillas deportivas.

- Calcetíns altos (haberá pista de patinaxe).

- Levar unha mochila pequena e cómoda, na que gardar o seguinte:

- Botella de auga.

- Merenda.

- Guantes (para patinar sobre xeo).

- Roupa de recambio (para patinar sobre xeo).

 

 A mochila deberá ir identificada (cun chaveiro, etiqueta, etc.).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut