Skip to Content

Videoconto Samaín 2021

Entre as actividades levadas a cabo para celebrar o Samaín, aquí vos amosamos o conto que grabamos esta mañá.

 

Halloween 2021

O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos no noso centro o Samaín e Halloween. Os nenos/nenas poderán acudir disfrazados co seu atuendo máis terrorífico. 

Realizaremos Xogos para todos os niveis e participarán no concurso de cabazas que quedarán expostas na etrada do cole.  

Happy Halloween!!!

Admisión de alumnado nos centros escolares para o curso 2021/22

O prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso abre este luns ata o 22 de marzo.

Desde mañá luns, 1 de marzo, e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes de admisión poderán presentarse a partir do día 1, tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción, prazo que permanecerá aberto ata o 22 de marzo.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.

A ferramenta informática de admisión posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Sorteo de letra

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o pasado xoves na Consellería de Educación, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “W” e “S” para o primeiro apelido e “B” e “F” para o segundo.

O calendario de admisión e matrícula réxese pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde de 18 de decembro de 2020, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado, que estableceu o arranque do procedemento de admisión o pasado xaneiro unicamente para o alumnado que remataba etapa nun centro escolar e tiña que pedir praza nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). Agora ábrese o prazo para o resto do alumnado, é dicir, o que entra por primeira vez no sistema ou desexa cambiar de centro no próximo curso.

Distribución das mascarillas entre o alumnado

Orden do 6 de novembro do 2020 pola que se regula a distribución das mascarillas entre o alumnado

RESUMO:

"Será beneficiario das máscaras, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar no curso 2020/2021 polo que non terá que presentar solicitude"

 

Presentación de solicitudes:

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.

2. A solicitude será única para todos os fillos.

3. As solicitudes deberán presentarse no centro docente onde estea matriculado o alumno/a utilizando o formulario normalizado (ANEXO 1 DA ORDE)

 

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles (do luns 16 de novembre ao 27 de novembro)

Distribuir contido


by Dr. Radut