Talleres na semana do día da muller.
Durante estas semanas tivemos a sorte de contar con varios talleres sobre o 8M:
- Taller sobre micromachismos levado a cabo pola Cruz Vermella de Xinzo para as nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria.
- Taller sobre a muller liderado polo centro de Desenvolvemento Rural O VISO para as nenas e nenos de 3º a 6º de Educación Primaria.
Como non tivemos a sorte de atopar nada para os máis pequenos, dende o centro propuxose a elaboración dun taller de contacontos levada a cabo polos cursos superiores aos máis pequenos, deste xeito:
- O alumnado de 6º preparou durante a semana o conto "Rosa Caramelo" para o alumnado de Educación Infantil.
- O alumnado de 5º preparou durante a semana o conto "A princesa espadachina" para o alumnado de 3º de Educación Primaria.
- O alumnado de 4º preparou durante a semana o conto "Maruxa" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.