A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao DÍA DE ROSALÍA,e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapaces e rapazas realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.
Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro,para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado,como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada.
Como texto propoñemos a seguinte estrofa de " Alborada",tamén de Cantares gallegos:
Canta,paxariño alegre,
Canta!
Canta porque o millo medre,
Canta!
Canta porque a luz te escoite,
Canta!
Canta que fuxe a noite.
Na escola traballouse nesta tema dende os diferentes cursos...
Aquí temos o traballo dos nenos de infantil de 5 anos