« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

Nesta lista de reprodución, tedes todas as actuacións do Festival das Letras e ademais, a actuación do alumnado voluntario de 4º a 6ºde EP co coro do Conservatorio Elemental de Gondomar que estivo fantástico!! 

 

LETRAS GALEGAS 2017

Deixámosvos a ligazón a nova lista de reprodución da conta de EDLG do noso centro.

Nesta lista recollemos os vídeos que desde o noso centro, e noutros centros escolares, se teñen realizado o redor da figura de Carlos Casares

 

 

Acto de amadriñamento de Fina Casalderrey

Velaquí os vídeos da nosa nova madriña de aula de 5 anos! Grazas Fina!




LETRAS GALEGAS 2017

CREANDO VENCELLOS

Neste curso presentámonos ao concurso de carteis das Letras Galegas que cada ano convoca a Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Non tivemos a fortuna de gañar, pero estamos moi orgullosas/os do  resultado.

É un traballo realizado desde o compromiso co autor ó que máis lle debemos, Carlos Casares Mouriño. 

Foron creados con moito agarimo e coa ilusión de ocupen un espazo singular no noso centro e na memoria da comunidade educativa do CEIP Carlos Casares.

 Temos o pracer de presentarvos os nosos carteis xunto aos carteis gañadores do certame, agardamos tiredes moito partido deles!

 

 
 

8 DE MARZO

Acto conmemorativo do DÍA DA MULLER

Contra a trata, a desigualdade salarial, as agresións, o peso dos coidados, a falta de

recursos, o empobrecemento, a discriminación, os estereotipos, por un mundo xusto no

que a vida se coloque no centro, por un mundo feminista.

 SEN EDUCACIÓN NON HAI IGUALDADE!

  

ENTROIDO 2017

O Entroido máis saboroso do Carlos Casares!!!

 </p>

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018

CEIP CARLOS CASARES (NIGRÁN)

 

 

NORMATIVA REGULADORA:  Decreto 254/2012 do 13 de decembro, Orde do 12 de marzo de 2013 e Orde do 25 de xaneiro de 2017.

 

 

CENTROS ADSCRITOS: IES Proval, para o alumnado que remata 6º de Educación Primaria.

 

 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO AO QUE SE ESTÁ ADSCRITO:

Data do 1 ao 15 de febreiro.

Documentación: solicitude ANEXO I

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Prazo do 1 ao 20 de marzo.

  

A solicitude, ANEXO II, pódese  presentar de forma presencial no centro ou electrónica a través  da  aplicación<admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

  

NO CASO DE QUE A DEMANDA DE PRAZAS FOSE SUPERIOR Á OFERTA:

Prazo: 10 días hábiles contados  partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Documentación: As familias terán que presentar a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados pola persoa solicitante.

 

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE LISTAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO:  ata o 25 de abril.

Haberá 5 días para reclamacións ou presentación de documentación complementaria.

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio. Pódese presentar recurso no prazo dun mes.

 

 

FORMALIZACIÓN da MATRÍCULA do alumnado admitido:

Prazo: do 20 ao 30 de xuño.

 

Documentación: ANEXO III e documentación solicitada polo centro.

 

 

IMPORTANTE:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude, no centro que solicita en primeiro lugar. A presentación en varios centros suporá a perda de dereitos. Deben indicarse outros centros, por orde de preferencia, onde desexa ser admitido en caso de non haber prazas.

O alumnado ten garantida a permanencia no centro no que está matriculado, no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo ao centro de orixe.

 

ÁREAS DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquias de Vilariño, Parada e San Pedro da Ramallosa.

 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS: Coidadora de primeira hora, comedor escolar e transporte.

 

 

Máis información na páxina web no centro:

http://www.edu.xunta.es/centro/ceipcarloscasares

 

Equipo Directivo do CEIP CARLOS CASARES.

 

Marzo 2017

VACANTES CURSO 2017-2018

 

 

                                                     

Niveis

Vacantes

 

4º E.I.

22 + 3 ANEAE*

5º E.I.

9

6º E.I.

6

1º E.P.

0 + 3 ANEAE*

2º E.P.

22

3º E.P.

1

4º E.P.

0

5º E.P.

18

6º E.P.

18

 

*ANEAE: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo