Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
VACANTES INICIAIS NO PROCESO DE ADMISIÓN
CURSO 2018-2019
NIVEIS |
VACANTES |
4º E.I. |
22 +3 ANEAE* |
5º E.I. |
4 |
6º E.I. |
8 |
1º E.P. |
1 +3 ANEAE* |
2º E.P. |
0 |
3º E.P. |
24 |
4º E.P. |
0 |
5º E.P. |
0 |
6º E.P. |
19 |
*ANEAE: alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
XORNADA DE PORTAS ABERTAS:
Para as familias de nova matrícula 06/03/2018 QUENDAS: 10:30-11:30 e 17:15-18:15 horas
RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019
CEIP CARLOS CASARES (NIGRÁN)
NORMATIVA REGULADORA:
CENTROS ADSCRITOS: IES Proval, para o alumnado que remata 6º de Educación Primaria.
RESERVA DE PRAZA NO CENTRO AO QUE SE ESTÁ ADSCRITO:
o Data do 1 ao 15 de febreiro.
o Documentación: solicitude ANEXO I
PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES: Antes do 1 de marzo.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO:
o Prazo do 1 ao 20 de marzo.
o A solicitude, ANEXO II, pódese presentar de forma presencial no centro ou electrónica a través da aplicación<admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
o Fotocopia libro familia completo.
o Volante de empadroamento
o Fotocopia de sentenza de separación, se é o caso.
NO CASO DE QUE A DEMANDA DE PRAZAS FOSE SUPERIOR Á OFERTA:
o Prazo: 10 días hábiles contados partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
o Documentación: As familias terán que presentar a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados pola persoa solicitante.
PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE LISTAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: ata o 25 de abril.
Haberá 5 días para reclamacións ou presentación de documentación complementaria.
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio. Pódese presentar recurso no prazo dun mes.
FORMALIZACIÓN da MATRÍCULA do alumnado admitido:
o Prazo: do 20 ao 30 de xuño.
o Documentación: ANEXO III e documentación solicitada polo centro.
IMPORTANTE:
o Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude, no centro que solicita en primeiro lugar. A presentación en varios centros suporá a perda de dereitos. Deben indicarse outros centros, por orde de preferencia, onde desexa ser admitido en caso de non haber prazas.
o O alumnado ten garantida a permanencia no centro no que está matriculado, no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo ao centro de orixe.
ÁREAS DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquias de Vilariño, Parada e San Pedro da Ramallosa.
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS: Coidadora de primeira hora, comedor escolar e transporte.
Equipo Directivo do CEIP CARLOS CASARES.
Febreiro 2018
Nun mundo de fiestras pechadas,
Buscamos o refacho de vento que as abra de vez.
Rosalía é un refacho que canta á vida.
Un refacho que chega dende o pasado,
Para falar do futuro.
É o refacho que busca abrir as nosas fiestras.
Máis para que o refacho entre,
precisa da nosa vontade.
Pídenos imperiosa: Abride a fiestra!!!
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio.
Abride a fiestra porque Rosalía de Castro
é o mundo que está por facer.
Un mundo que so se abre se nós o abrimos.
María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!