You are herePROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025
PROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025
Prazo de solicitude:
- Do 1 de marzo ao 20 de marzo (inclusive)
Horario:
- 9:15 - 14:00 Lúns a Venres.
- 16:30 - 18:00 Martes
Criterio do centro:
- Sumarán un punto máis aquelas solicitudes que obteñan a máxima puntuación no criterio de domicilio familiar dentro da área de influencia do centro. (De selo caso teredes que indicalo no apartado de criterios)
Onde presentar a solicitude
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO DO PROXENITOR/A, de selo caso, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación). -
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Documentación a presentar coa solicitude .
- Documento acreditativo do alumno (Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte....)
- Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte, do (Pai, nai, o titor legal).
**** Se existen mais solicitudes que prazas, dará comezo a baremación dos criterios alegados na solicitude e abrirase un prazo de 10 días para a entrega da documentación correspondente.
Información para as familias.
Normativa relacionada.
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-C-20222023-3.pdf | 1.4 MB |
ED550B-G-20222023-5.pdf | 1.39 MB |
Decreto do 13_2022, do 3 de febreiro.pdf | 545.72 KB |
Orde do 21 de outubo de 2022.pdf | 1.6 MB |
Orde do 26 de maio de 2023.pdf | 1011.92 KB |
Información para as familias.pdf | 441.55 KB |