You are hereCorte de tráfico na zona do Campo de Conxo a partir do 1 de febreiro
Corte de tráfico na zona do Campo de Conxo a partir do 1 de febreiro
Información para os usuarios do transporte escolar
A partir do vindeiro mércores día 1 de febreiro, a Xunta de Galicia vai proceder coa reparación de parte do pavimento da obra que realizou no contorno do barrio de Conxo. O tramo afectado é o comprendido entre a rotonda de acceso da SC-20 e a rotonda da rúa Benéfica de Conxo, xunto a Televés.
Estes traballos conlevan que, dende esa data e durante un prazo de 2-3 semanas, o tráfico de subida cara ao centro da cidade quedará cortado á altura da mencionada rotonda de Televés, circulación que xa estaba limitada ao bus urbano e transportes autorizados.
Queda permitida a circulación de entrada dende a rotonda da SC-20 cara a rúa de Torrente e adxacentes.
Manteremos informados aos usuarios que poidan verse afectados por mor destas obras.
Disculpen as molestias.
Mais información:
http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/avisos.php?lg=gal#5010