You are hereCIRCULAR INFORMATIVA ÁS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR INFORMATIVA ÁS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR


By quirogapalacios - Posted on 25 Novembro 2022

De acordo coa Convocatoria, o próximo día 28 luns en horario de 16:30 a 18:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral, tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde ao pai á nai ou titor legal, podendo exercer este dereito ámbolos dous proxenitores.

 2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado levantarase a correspondente acta.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

 

A DIRECTOR/A DO CENTRO,